- This event has passed.
Taller: Albóndegas perla chinesas ao vapor
10 Novembro @ 16:30 – 17:45
A formadora e cociñeira Lili Wo volve a Etiqueta Negra cunha deliciosa proposta culinaria: as albóndegas perla cubertas de arroz glutinoso e cociñadas ao vapor. Trátase dun delicioso prato chinés que combina a suavidade e a textura única do arroz glutinoso, co sabor substancioso das albóndegas.
Este prato elabórase envolvendo as albóndegas nunha capa de arroz, que se cociña ao vapor ata que se pon tenro e pegañento. A suave capa de arroz que rodea á carne aporta un aspecto perlado a estas albóndegas. Sírvense acompañadas de salsa que realzan máis o seu sabor. Prepararémolo con carne selecta de porco galego, setas shiitake e brotes de bambú recolectados en Galicia.
Para consultas sobre as entradas podes escribir a comunicacion@etiquetanegragourmet.com