
- This event has passed.
Taller: «Macarons e Petit fours»: o mundo dos recheos versátiles. Aprende a crear minipostres orixinais para a túa mesa de Nadal.
10 Novembro 2024 @ 18:15 – 19:15

Neste taller práctico descubrirás como se crean os recheos dobres para macarons e como usalos noutras sobremesas, porás recheo aos teus propios macarons de dous sabores e aprenderás a facer a montaxe de petit fours (mini postres) de Nadal.
Divertiraste xogando con ganaches, confituras e glaseados e levarás para a casa unha caixa con deliciosos petit fours e macarons creados por ti.
Patrocinado e impartido por Valeria Khamutynska – pasteleira profesional especializada en macarons dobres e recheos de vangarda.
Hai 10 anos, Valeria, chegou a España desde Ucrania sen saber falar o idioma. Neste percorrido dunha década formouse nas mellores escolas de Barcelona (BellArt, Espaisucre, CETT, Escribá), xestionou duo seu propio obrador de pastelería e traballou de sous chef nun iate de luxo navegando por 3 países. Hoxe en día é docente acreditada en teleformación e dedícase a formar á reposteiras emprendedoras na súa escola en liña VÁLERYS. Vén de publicar o seu primeiro libro sobre macarons este mesmo ano.
Para consultas sobre as entradas podes escribir a comunicacion@etiquetanegragourmet.com