
- Este evento pasou.
Taller: Tapas creativas
12 Novembro 2022 @ 19:00 – 19:45

Prepararemos varias tapas con ingredientes sinxelos dándolle importancia ao sabor, a estética e á orixinalidade. Ademais daremos diferentes opcións para cada unha, facendo un taller moi variado e produtivo, cheo de ideas e alternativas.
Cociña en directo onde os asistentes aprenderán a elaborar pratos para logo facelos nas súas casas.
As receitas serán elaboradas con produtos de tempada e de proximidade, poñendo en valor os recursos da zona. Desta maneira sacaremos maior proveito e sabor dos ingredientes que se atopan a miúdo nos mercados e na zona, sen recorrer a produtos complicados de atopar.
A finalidade dos talleres Etiqueta Negra non so é aprender a elaborar novos pratos, senón tamén a de compartir vivenzas e experiencias na cociña. Unha vez rematada a elaboración de cada prato realizaremos a degustación do mesmo.
Taller impartido por Indo e Vindo Espazo Gastronómico en colaboración con Etiqueta Negra.